A IDEOLOXÍA REINTEGRACIONISTA (Notas de filoloxía política - 2.0) Xabier Cordal Fustes No modo de produción teórico da ideoloxía (...) a formulación dun problema non é senón a expresión teórica das condicións que permiten a unha solución xa producida fóra do proceso de coñecemento —posto que é imposta por instancias e esixencias extrateóricas (por «intereses» relixiosos, morais, políticos ou outros)— recoñecerse nun problema artificial, fabricado para servirlle, ao mesmo tempo, de espello teórico e de xustificación práctica. LOUIS ALTHUSSER1 0.1 É voluntariamente inxenuo clasificar a chamada cuestión normativa, a questione della lingua galega, no andel dos debates ortográficos ou filolóxicos padecidos por outras lin1 Trad. Francisco Sampedro. III / 27 347 Xabier Cordal Fustes A ideoloxía reintegracionista guas romances. O que se confronta na realidade son dúas visións sobre o papel que a nosa cultura ten no mundo e sobre o futuro da comunidade nacional (a galega). O obxectivo destas páxinas é demostrar que o denominado reintegracionismo, conscientemente ou non, comporta unha ideoloxía de alleamento dos referentes políticos nacionais; que nacendo e desenvolvéndose no interior das diversas formas de soberanismo, actuou primeiro como o seu soporte retórico-político e despois virou cara á ruptura con eles. O reintegracionismo, cando se dirixe ao sector da sociedade que defende a emancipación, presenta unha disxuntiva lingüística, cultural e social entre Portugal e España da que non sería posible fuxir. A escolla forzosa só en casos contados se fai expresamente «política» —non é pouca a dimensión política de cada un dos termos anteriores— defendendo a integración no Estado portugués. Para o reintegracionismo é un fracaso o modelo de lingua (e polo tanto tamén o cultural, o literario, o social, etc.) desenvolvido desde o século XIX. Na idea de derrota a partir da cal o reintegracionismo alimenta o seu discurso, a desnacionalización do noso país deberíase antes ao propio modelo de lingua (e de cultura, etc. etc.) elixido para a súa reconstrución ca á presión política de España ou ao capitalismo mundial. O reintegracionismo acusa a galeguidade contemporánea de ser un relato dialectal: segundo ese punto vista, practicamente todo o que hai na lingua galega diferente do portugués (salvo algunhas variantes que se cualifican como «endémicas», «locais» ou «con valor afectivo») é consecuencia da colonización castelá. Portugal, a Galicia liberada no relato histórico reintegracionista, sería punto de chegada necesario e o portugués a formulación pura, completa e moderna de calquera aspiración lingüístico-cultural ao norte do Miño. Xa que o modelo está rematado, a tarefa histórica sería fundirnos nel. Sectores que van perdendo peso no reintegracionismo insisten en que o proxecto nacional galego é diferente do portugués, malia que semella unha contradictio in terminis para a liña hexemónica dese movemento. De feito, quen asuma a tese reintegracionista precisará argumentos moi complexos para dar percibido dúas nacións, e non unha cuxo norte permanece irredento, nun territorio de continuidade xeográfica e pasado histórico común (aínda que remoto) que se expresa, conforme esa tese, na mesma lingua. 0.2 O reintegracionismo lexitímase a si mesmo mediante: – a pureza lingüística (a do portugués fronte ao galego«o que se entende como galego é uma forma deturpada de português») – a coherencia coas proclamas do nacionalismo da primeira metade do século XX – a disxuntiva, para o galego presuntamente ineludible, entre castelán e portugués («o galego ou é galego-português ou galego-castelhano») – unha invocación aos beneficios prácticos (no mercado capitalista, nas relacións internacionais, etc.) de asumir o portugués III / 28 348 Segundo interpretaçons como estas. com umha uniformidade tal que nom postulam nela variaçons em funçom da sua especial situaçom em territórios concretos. citamos e extraemos do documento que o Portal Galego da Língua publicou na rede. só nos conteúdos finais). – Um complexo de inferioridade. Compostela.): Refírese.) – Uns poucos Notáveis consideram-se como predestinados para dirigirem as massas. tratara de manter a vixencia dos trazos morfolóxicos.. os autores som alcunhados de castrapistas e incompetentes no conhecimento do código. a AGAL seria um obstáculo para a unidade da lusofonia. o apoio de elites internacionais e a protección interesada que o Estado español estaría brindando á lingua galega fronte á portuguesa.. especialmente no seo do soberanismo. o discrepante é considerado quer ignorante quer incapaz. 2 «O reintegracionismo galego: um ponto de vista sob fogo cruzado». que se manifesta em certo auto-ódio polos valores galegos: toda a literatura galega contemporánea é considerada de péssima qualidade. sintácticos e léxicos galegos fronte á súa eliminación. como é obvio. nada é argumento contundente que aconselhe umha mínima adaptaçom por leve que esta for. estas ham de aprender umha verdade absoluta e ham de fazê-lo pola força (nom se repara em procedimentos pedagógicos. VIII Congresso da Associação Internacional de Lusitanistas. á postura que sen ser maioritaria dentro dun movemento xa de seu testemuñal funciona como vangarda cuxas teorías acaban sendo asumidas por todo o grupo. Unha delas contempla o estándar portugués como solución exclusiva. em fonte de assimilaçom de alunos e alunas à cultura dominante.. torna-se. colectivo ou institución que cuestione o reintegracionismo sofre ataques do signo máis diverso cuxa intensidade é directamente proporcional á forza simbólica que poidan ter. As pezas móvense rápido e está perdendo a partida quen. A CUESTIÓN TERMINOLÓXICA As prácticas do lusismo ou do reintegracionismo unificaron dúas faccións coa mesma estratexia e tácticas discordantes. a outra coidou ata agora que a lingua galega precisa marcas rexionais no contexto lusófono. nem territorialidade. nem possibilidade de planificaçons temporais. nem receptividade. Nem especifidade histórica. 1. a razom existencial destas pessoas (agrupadas sob as mais diversas siglas. porque fomentaria um híbrido portunhol que nom possui as características fundamentais do idioma comum. xa publicadas. sobre todo desde a AGAL..Xabier Cordal Fustes A ideoloxía reintegracionista Outras lexitimacións secundarias que trataremos brevemente son a aura de radicalidade.. o professorado de Língua e Literatura é qualificado como mercenário ao serviço da espanholizaçom. III / 29 349 . como no caso da Galiza. sen outra referencia e sen paxinación. com os mesmos associados) é a necessidade de conseguir umha língua portuguesa uniforme. Vexamos as características que o brillante profesor —e amigo— Penabade detalla para identificar o lusismo hoxe dominante na AGLP e na AGAL: (. Toda aquela persoa. Aínda que este artigo de Penabade figura nas actas do congreso. aliás. nem estratégia didáctica. Aínda non se creara a asociación Academia Galega da Lingua Portuguesa cando se oen publicamente estas palabras de Bernardo Penabade2 No caso galego. além de incompetente no conhecimento do código e na estratégia didáctica. Qualquer traço de variaçom nacional é considerado despectivamente como portunhol (. portanto. Asemade a descualificación dos outros puntos de vista adoita formar parte habitual da estratexia lexitimadora.. 2005. posto que na perspectiva lusista se trataría dun portugués dialectalizado polo castelán. Basta someter a observación os conceptos vulgarismo. 6 Significativamente. («Modelos de lingua. 16. Todo o máis. Hai entón unha retórica reintegracionista e unha retórica non reintegracionista que usan os mesmos termos para delimitar realidades ás veces moi diverxentes. 4 A evolución dos acontecementos probou que eran denominacións tácticas. Cadernos de Lingua. non así os termos brasileiros Galícia. Así cómpre entender estas clarificadoras palabras de Henrique Monteagudo: «Que se saiba. 3 Somos debedores —e non só nesta cuestión— do imprescindible artigo A problemática elaboración do galego moderno (Francisco Fernández Rei. cavalheiro…) ao mesmo tempo que nega competencia ao estándar galego para restauralos conforme á evolución patrimonial. película. 1997. está por inventar a ciencia da que se deduzan solucións únicas e obrigatorias para problemas de ámbito socio-cultural. A fixación dun idioma estándar é competencia da Filoloxía. rama das Humanidades que (excluíndo os estudos fonéticos e fonolóxicos) non gañou o recoñecemento de ciencia. 21). cómpre familiarizarse cunha retórica que. Tras o malestar que provocara en boa parte do reintegracionismo. non só parece temerario admitir que tal ciencia exista. ás portuguesas ou ás varias formulacións dun estándar dependente da lingua portuguesa actual. V.. desprovisto das notas. senón que probablemente sexa altamente desexable que nunca chegue a existir. informarnos sobre opcións que noutros lugares se teñen adoptado e as súas consecuencias. nin tampouco para sinalar internacionalmente a lingua galega. adecuada tal denominación. a sociolingüística e a estandardoloxía poden servirnos para entender mellor o problema. na administración etc. A Coruña. patrimonial. A Trabe de Ouro. de feito podería dicirse que é o seu particular xeito de avance. Atópase ademais. a decisión sobre o futuro do idioma ten que estar nas mans do país. cultismo. no ensino.redesescarlata. trem. p. tamén a todos os efectos.Xabier Cordal Fustes A ideoloxía reintegracionista Nesta achega denominaremos a todos os efectos galego o que o pobo galego e a romanística3 recoñecen como lingua independente (a que se usa na literatura. iso tampouco invalida a súa capacidade para refutar incoherencias en cada un dos seus discursos provisionais. Convén lembrar que non é posible cualificar de científicos os argumentos filolóxicos e/ou sociopolíticos reintegracionistas. Consideracións teóricas ó fío do debate sobre a estandardización do galego». Viqueira. A Lingüística Xeral estase refundando permanentemente desde Saussure e produce enunciados subxectivos. malia que se insinúa historicamente (J. Pero á derradeira. pero acepta calquera dos castelanismos portugueses6 (castelhano. dado que este considera. polo tanto.org. A ciencia5 avanza sobre hipóteses que se confirman nos feitos e é capaz de construír modelos provisionalmente incontestables. RAG. os nomes Sabela e Uxío. tanto se se refire ás falas galegas. III / 30 350 . Martinho Montero Santalha desbotou o termo «galego-português» que usaba en 1976 e foi dos primeiros en aludir claramente ao «português da Galiza» na década seguinte. Trátase dalgo tan simple como a opción pola autodeterminación lingüística».) e unificaremos co termo portugués as diversas propostas do reintegracionismo. O reintegracionismo pode aceptar as denominacións «galego» ou «galego-portugués»4 cando caracteriza as falas galegas. Para abordar a ideoloxía reintegracionista. trecho.. nº 72) onde farán ben o lector ou lectora en se dirixiren para evitarmos longas e continuas citas a rodapé. 5 Aínda que a Lingüística Xeral (non digamos as disciplinas humanísticas coas que se foi aliando desde o século XX) sexa poucas veces quen de sentar paradigmas ao modo kuhniano. Rodrigues Lapa. por exemplo) que non cadre co estándar portugués. mais non as usa —se non é en calidade de invocación retórica— ao designar o portugués ou o brasileiro. na web www. na actualidade segmenta un discurso con intrincadas ramificacións sociais. e orientarnos sobre avantaxes e inconvenientes relacionadas coas alternativas que se presentan. este acabou naturalizando a nomenclatura substitutiva. Carvalho Calero) dentro do dominio da Filoloxía. castelanismo (lingüístico) para comprobar a súa volatilidade en función do que se queira demostrar: o reintegracionismo condena como «vulgar» ou «hipocorística» calquera forma evoluída do galego (a palabra terreo. E a pesar da mistificación que acabaron creando as versións portuguesas do cantigueiro medieval8 (fóra do dominio especialista. Vigo. Xerais. no mundo e na comunidade lusófona a denominación recta é «portugués». a clausura do estado dialectal comeza no Rexurdimento. Ao sinalarmos a súa existencia só desvelamos a frivolidade coa que xentes de escasa formación nese eido acaban por asumila acriticamente e falan de isolacionismo. Paga pouco a pena detérmonos. Se quere ser idioma. da do português. Cunqueiro ou Blanco-Amor. Manexan construcións da retórica lusista incluso aquelas persoas que tratan de reivindicar o galego como lingua culta fóra do dominio portugués ou español. 1986. Os enunciados galego e portugués son a mesma lingua e galego e portugués son linguas diferentes son crenzas. portanto.. 8 7 III / 31 351 . entón. Para o reintegracionismo o portugués é unha evidencia (a lingua portuguesa xustifícase en-si como lingua). aínda que se trataría dun particularismo. o galego precisaría un modelo exterior. aprensentam indícios nos textos escritos a partir do século XIII. O galego que se identifica internacionalmente é o de Rosalía. en invalidar ou confirmar a terminoloxía reintegracionista. por súa vez. Castrapo indicou sempre o castelán deturpado que ensaian galegofalantes e parece irónico que alguén persiga dignificar o noso idioma menosprezándoo cos mesmos alcumes que lle puxo o inimigo. castrapo.) Nalguns casos. Para a postura contraria. galego internacional e grafía etimolóxica ou histórica.. científico e administrativo) onde esas falas se identifiquen a si propias como idioma nacional e internacional. Pero hai anos que as gramáticas históricas e os mapas de isoglosas perderon a condición de criterio exclusivo para establecer a diferenza entre lingua e dialecto. divergente. Coimbra. a diferença entre a linguagem dos documentos da Galiza e de Portugal resulta de facto de os notários ou escribas da Galiza revelarem mais intensamente particularidades da língua falada da região do que os tabeliães de Portugal». pode recibir o nome doméstico de «galego». sen cursiva. 924). o galego medieval adoita imaxinarse a partir de Dialectoloxía da Lingua Galega. non axiomas. p. Ningunha cátedra negou desde os puntos de vista dialectal ou diacrónico (como deixa claro a primeira páxina do clásico de Francisco Fernández Rei7) un continuo iberrománico de Bares a São Vicente. autores traducidos a varios idiomas e estudados ao largo do mundo en cátedras ou lectorados de lingua galega. Non se considera que as pegadas da colonización española impidan o idioma galego ser unha lingua independente capaz de elaborar o seu nivel culto (literario. pero as falas galegas só conformarían unha entidade potencialmente lingüística formalizadas a través do estándar portugués. Os vocábulos «galego» e «portugués» relaciónanse para o reintegracionismo mediante sinonimia imperfecta: o idioma galego (as cursivas non son nosas) só merece tal nome cumprindo o preconcepto de identidade co portugués. A conclusão mais sugestiva é a de que quase todos os traços que representam uma evolução do galego no sentido do galego moderno.Xabier Cordal Fustes A ideoloxía reintegracionista A questione della lingua galega nunca progresou logo con argumentos científicos aínda que as complexas (e útiles) taxonomías filolóxicas lle conferisen esa respectabilidade. 1990. Con idéntico rigor pódese cualificar de diglosia a tese que defende a asunción dun estándar que nunca se pensou para as falas galegas e que interpoñería continuos atrancos ao/á falante común á hora de manexar con fluidez o nivel culto. Instituto Nacional de Investigação Científica. Castelao. Reparemos nestas palabras de Clarinda de Azevedo Maia: «A comparação da linguagem dos documentos da Galiza e de Portugal revelou-se bastante eficaz no que se refere ao conhecimento da diferenciação regional existente no interior do domínio linguístico galego-português. tornando-se mais frequentes nos séculos seguintes (. (História do Galego-Português. a lingua portuguesa. cit.. Os contactos culturais con vultos eminentes do saudosismo e outras colaboracións políticas e sindicais a ambos os lados da raia parecían insinuar unha maior implicación portuguesa na articulación do soberanismo galego.).. proibir e móvel do portugués. Ninguén podería chamar dialecto o que os propios estudos portugueses —amosando escaso fervor— incluían no seu dominio histórico e lingüístico. 2000.) Em Portugal também foi adoptada a grafia nn ou a sua forma simplificada ñ. Que se corrompese a percepción sobre o galego estándar non se tratou dun dano colateral: o reintegracionismo precisaba cuestionalo.1 Carolina Michaelis de Vasconcellos introduce hai cen anos a nomenclatura galego-portuguesa para se referir á literatura medieval en lingua galega. p. norma e fala naufraga no máis científico dos escenarios. a incorporación ao sur do Miño dos grafemas provenzais lh e nh.. O galego precisaba dignidade e apoio internacional cando os primeiros galeguistas suman con entusiasmo a nosa nación aos mapas lusófonos.. A PRÁCTICA DE SUBSTITUCIÓN 2..) a caracterización que el mesmo postulou para diferenciar linguas e dialectos. III / 32 352 . a grafía histórica anticipa signos do galego contemporáneo coma o ll e o ñ. O galeguismo. «prohibir» e «móbil» fronte aos antietimolóxicos boda. (. op. posterior. parece ter sido rara quer nos documentos da Chancelaria Real quer nos documentos privados (op. e como o romanés non segue (pp. con feble estrutura política —e máis interesado nese intre en combater a dialectalización dos idiomas periféricos ordenada polo nacionalismo español— atopa un instrumento útil para afirmarse.. 120-121. Deconstruír estas e outras aparentes miudezas10 —hoxe tampouco non estaría de máis tal esforzo pedagóxico— tería axudado a colocar a disputa no escenario correcto. aínda cativo. (. quere dicir. DAS RETÓRICAS PRESTIXIADORAS AO GALEGO ESTÁNDAR.) Nos documentos galegos. nin antes nin agora. Fronte á selección reintegracionista de certas autoridades da Lingüística —é o caso de Eugen Coseriu— para lexitimar a tese da identidade galego-portuguesa. é muito mais usada a forma abreviada ñ. cit.9 sendo un pouco menos histórica. foron lugares comúns contra a elaboración culta do noso idioma. das páxinas que axudan a esfarelar a mitoloxía de consumo interno da que tiran boa renda os libros doutrinais...) Tanto podia aparecer na sua forma plena como através da abreviatura ñ. 11 Non é preciso recordalo: xamais se xulgou transcendente a existencia de Galicia e do seu idioma nos programas partidarios ou nas institucións oficiais portuguesas. moi ao contrario. RAG. (. Etimoloxicamente escribimos en galego «voda». correspondente ao resultado da evolução da geminada latina -NN-. A Coruña. 2. Dubert («¿Norma galega. pp.Xabier Cordal Fustes A ideoloxía reintegracionista construcións teóricas previas aos grandes avances da filoloxía galega desde os anos oitenta do século XX ata hoxe). Cadernos de lingua. e moitas das veces que así ocorre no campo cultural temos que aturar o tratamento de região da Espanha. a Fonética. 488) 10 Francisco Dubert puxo xa hai anos unha moi significativa pedra no milladoiro. 22. O que se estendeu. nn não surge com muita frequência (.. sistema galego-portugués? Aplicación dos termos de Coseriu ó «galego» e ó «portugués». contudo.11 Mentres o proxecto lexitimador de reintegracionismo martela as citas de Antón Villar Ponte e de Castelao esquece o paradoxo de que practicamente ninguén entre as elites do 9 «Outro processo de representar /ñ/ é a grafía nn de origem castelhano-leonesa. 101-122) demostra en que medida o clásico sistema. de Risco ou de Otero —que lían grego e latín clásicos. como ten analizado a profesora Carme Hermida. As retóricas celtista e lusitanista gañaron alento no seo do galeguismo de signo burgués. non unha esencia inmóbil. chegouse a afirmar que aos líderes das Irmandades. que o soberanismo desenterre a machada pancéltica para seguir sendo tal. Así e todo a «fidelidade á tradición» está tanto no preliminar das Normas Ortográficas de 1982 coma nos argumentarios reintegracionistas. A tradición é un elemento máis do presente que calquera ideoloxía actualiza á súa conveniencia. Con todo. Xerais. e ninguén mente: ser fiel ás prácticas de Castelao conduce dereito 12 Os precursores da normalización. fundar unha Academia para a lingua popular que decidiran reescribir Sarmiento e Rosalía de Castro foi unha das primeiras vitorias institucionais.12 no século XIX. francés.Xabier Cordal Fustes A ideoloxía reintegracionista galeguismo dea o paso de escribir portugués. pero non adoitaban traspasar a liña das declaracións intencionais. O desprezo das capacidades de quen foron sobranceiras figuras da Europa do seu tempo xa atacara o proxecto rosaliano. O nome dese proxecto era Galicia e o seu suxeito imprescindible as clases populares. de Curros. Construíronse teorías sobre esa reticencia que van desde o menoscabo intelectual ata o paternalismo. Houbo galeguismo celtista e galeguismo anticeltista. Proclamouse unha estraña fraternidade na que os irmáns celtas e portugueses gardaban silencio. Murguía e Pondal usaran as mesmas armas para elevar o noso idioma minorizado á categoría de lingua culta. inglés. por exemplo. mais a retórica de identificación co portugués non se cuestionou ata que se propuxo claramente o abandono da elaboración culta e autónoma do galego. O que nace co aspecto de polémica acerca do galego estándar empeza. III / 33 353 . ou que manteña a prevención de Castelao ante as ideas comunistas. nalgún caso alemán e algunha outra fala exótica— o portugués era lingua preferente. de Pondal. cando se lea a finais do XX que a ortografía debe ser coherente coa historia do galeguismo. O argumentario do continuo Irmandades da Fala/Nós —a sintonía co esencialismo alemán dalgúns dos seus líderes era unha débeda burguesa que non tardaría en pasar factura— apuxo a receita céltica e a lusofonía contra a españolidade. e antes a Pondal ou a Curros. Figuras coma o poeta Manuel Antonio posicionáronse en contra. O desclasamento está na raíz da refundación do noso idioma: Murguía e Rosalía deconstrúen o prexuízo romántico de que o pobo serve á elite nacional como almacén do que extraer as esencias burguesas. Esa é a letra capital da Historia da literatura galega contemporánea. Ninguén reclama. O acordo non se produciu debido a unha serie de razóns externas. De aí que. como se a fidelidade aos ideoloxemas doutro tempo lexitimase prácticas actuais. entre as cales cómpre lembrar a precariedade da lingua formal e a debilidade do nacionalismo. entremos nun territorio escolástico. Na banda contraria responderon como mandaba a tradición castelanista: para os gramáticos españois o noso idioma foi a un tempo dialecto campesiño (cando se trataba de infravaloralo como realidade social) e portugués arcaico (cando se quería abortar o edificio da nación galega contemporánea). lles resultaba moi difícil a ortografía portuguesa. Vigo. pero nas bibiliotecas do precursor Sarmiento e tamén na de Rosalía. No primeiro terzo do XX un debate que si era predominantemente ortográfico ficou sen resolver. 1992. a tradición (lingüística e literaria) politicamente independentista comeza con plena conciencia en De catro a catro. sin embargo. publicado antes na portuguesa Colóquio/Letras. dona da súa propia formalización. pero cando esa iñorma xa non corría como válida. pero seguir algunha das recomendacións de Sempre en Galiza13 levaríanos a asumir o portugués.. inventarse todo un vocabulario. A escola inoculouno con sangue. La otra posibilidad era la del portugués. pero agora sóio existe o portugués porque o galego xa non é língoa. de hacerlo. mais pertencerá ao dominio especialista ata que sectores intelectuais e políticos tomen a estandarización da lingua galega coma un campo de batalla. As escritoras e os escritores do noso país deben abandonar un modelo que el tacha de ruralista. foi o galaico-portugués. Choveron os máis insospeitados argumentos. «galego de laboratorio» (e ata «normalizado»). la población no sentiría como propia esa neolengua». polo tanto. agachando a resistencia á idea de que o idioma de Galicia —de pasado pobre e escrito nunha literatura historicamente marxinada— puidese ter un rexistro culto. a pesar da enorme distancia que pode separar. pero o primeiro triunfo antigaleguista sentíase nas expresións «galego normativo». A revista Grial reproduce no número 41 (1973) un artigo de Rodrigues Lapa. Cómpre subliñar que as posturas discrepantes e incluso as residuais cadraban na necesidade de que a lingua galega tivese un estándar propio e fose. e non só durante o franquismo.. 14 «Ahora era preciso. desde o XIX á FAES. El problema aquí era que. estreito e impostado. lengua que se había desgajado del gallego a finales de la Edad Media. Todo mudará cando a retórica lusista trate de materializarse en praxe. III / 34 354 . Tirando de máis recursos anacrónicos.Xabier Cordal Fustes A ideoloxía reintegracionista ao galego actual. 2009). (Andrés Freire. La duda estribaba en el concepto. A política centralista manexou de tal maneira os vocablos “idioma” e “dialecto” —aplicando o primeiro somentes â língoa do Estado— que a xente iñorante chegou a creer que o galego proviña do castelán. Una institución vinculada a la Universidad de Santiago. onde asegura que o nivel culto e literario do galego xa está elaborado hai séculos. se ocuparía de ello. entón rebaixábase a categoría do galego decindo que era un dialecto do portugués. Quen ata o momento estigmatizara o idioma aldeán pasou a invocalo como valor supremo de naturalidade e de pureza fronte ao estándar. nº 95. como era natural en Galicia. para eles. Ben saben os centralistas que a domiñación de Galiza endexamais será efeitiva antrementras fale un idioma diferente do castelán». Coa insistencia no «normativo» queríase no caso do galego significar alleo. 2. sigue correndo antre estranxeiros de poucas letras. el Instituto da Lingua Galega. ¿De dónde sacar las palabras? Lo más cómodo era continuar acudiendo al castellano. Pero todos sabían las consecuencias: el gallego acabaría siendo no más que un dialecto. saída de Hespaña. a lingua que se oe nun informativo da BBC con respecto a calquera fala anglosaxoa. extravagante e subsidiario do español. O galego. 13 Castelao era un lusista con fino olfacto ideolóxico e escribirá isto na obra citada: «Agás Menéndez y Pelayo non hai no centro de Hespaña un soio investigador que non se poña impúdicamente ao servizo do feito hexemónico e non trate de furtar ou amingoar os merecimentos lingoísticos e literarios de Galiza. Papeles FAES. por exemplo.2 A polémica entra por fin na súa verdadeira dimensión. apelacións sen equivalente nas linguas que se consideraban de alta cultura: ninguén sabería de «inglés de laboratorio» ou de «español normativo». E semellante ideia. mentres que a xinea españolista.14 afirma que o galego é un dialecto hispano-portugués. Las paradojas de la «normalización» del gallego. Nese sentido. por iso en calquera idioma do mundo existen detractores do estándar —aínda que adoitan selo pola súa dificultade..). Faltou pedagoxía para explicar. Rexistra Williams. Publicáronse diversas normas diverxentes e todas fracasaron.. máis ca deficiente. 16 Ningunha normativa é coherente nin sequera do punto de vista filolóxico. Ese proxecto cristaliza na nosa idea da República Galega. sobre todo na xeira inicial— dificultou a asimilación do estándar. pola súa excesiva complexidade ao atribuír varias posibilidades gráficas a un mesmo fonema. no caso galego ese primeiro paso para a normalización bateu con máis dificultades das esperables. negando a posibilidade de que un policía norteamericano «falase» igual ca eles. Quen non tivera acceso á escola en galego e só recibía o nivel culto do idioma a través deses soportes chegou á conclusión de que a artificialidade da pronuncia se correspondía coa presenza de palabras que soaban «novas» e a ausencia «das de toda a vida». V Asemblea Nacional. o universitario. III / 35 355 . a riqueza xeográfica do noso léxico e as razóns polas que se privilexiaran no estándar determinadas formas. parece querer interpor un foxo entre as persoas letradas e as iletradas. o noso proxecto non é nacionalista. usando a mesma televisión. fronte á recén estreada TVG. Sometido a fortes turbulencias. que a ortografía da nación irmá. Neses mesmos anos oitenta a Facultade de Filoloxía da USC foi unha fábrica en cadea de disidencia normativa. Non obstante. Se en calquera idioma as mudanzas ou refundacións do modelo culto conlevan un período de adaptación non exento de críticas (pensemos nas longas décadas que precisou Portugal para aceptar a hexemonía brasileira). A nomenclatura preautonómica. en vez de separar a un lado o rexeitamento da autonomía e ao outro os pequenos avances que a fin da represión ía posibilitando (creación dunha industria editorial. o nacionalismo15 maioritario interpretou mal a estandarización. pouco contribuía a desmentilo. presenza oficial da lingua na Universidade. españolizada fonética das dobraxes —e das locutoras e presentadores. No espazo de debate por antonomasia. etc. Televisión. Naquel tempo dominaba o rechazo sen matices da autonomía ao considerala mecanismo de perpetuación do Réxime que viña de morrer con Franco. 2006: «só [a independencia] permitirá un proxecto global de nación (. distraendo esforzos da tarefa normalizadora. dignificación dos referentes culturais.16 A ansia pola institucionalización 15 FPG. non pola sinxeleza—. senón republicano e independentista». Oímos ducias de anécdotas acerca dos vellos da familia. referendada despois nas urnas. deixando sempre claro que todas elas pertencían á lingua galega. radio (chegou a anunciarse como «a radio nacional de Galicia») e literatura nas aulas eran síntomas da existencia dun país que por primeira vez se dotaba de ferramentas masivas. cando a Asociación Sócio-Pedagóxica Galega e outras minorías quixeron converterse en guieiros. A confusión reinou. pero tamén resultou obvio que sen a participación do nacionalismo continuaría unha polémica nefasta para a percepción social do idioma.Xabier Cordal Fustes A ideoloxía reintegracionista Desde que a lingua galega estándar se puxo en marcha nas aulas e case de inmediato (1985) nas ondas da radio e da televisión. algo que para algúns resultaba intolerable. combateuse calquera vitoria que se relacionase formalmente coas novas institucións. no seu Do latim ao português. A. a pista que agardaba diante estaba sen asfaltar. escolleuse emprender unha caza de bruxas (que parecía dirixida polos mesmos que acumulaban campañas normalizadoras de luxo nos sotos de San Caetano) en vez de formar o alumnado nas razóns para a conveniencia dun determinado estándar.). Incluíronse nese paquete as normas do galego sen reparar en que a estandarización comezara no XIX e gañara un espazo académico para a lingua moito antes de estas se redactaren. os debates acerca do estándar debían rematar en aras da credibilidade pública da idea de normalización. o modelo de idioma non podía distanciarse en exceso do galego vivo. que podía argumentarse para non escribir en portugués estándar? A resistencia do bando rival —o partidario de manter unha ortografía relativamente discorIII / 36 356 . calquera crítica técnica ou ideolóxica da formalización. puxo por pôs. tampouco do proxecto de restauración implícito na súa literatura. con actitudes non exentas de displicencia. solidificou os compromisos cara á normalización a partir dun modelo cuxa unidade non se vise continuamente sabotada. Encarnábanse nel as chaves mestras do acordo: a lingua debía regularse a si propia de maneira independente. Son as maiorías quen se encargan de sancionar mediante o uso o modelo culto. pero —alén da confusión no grao de achegamento que cadaquén escollía— a prensa nacionalista e as publicacións literarias e científicas da maior parte dos teóricos militantes do reintegracionismo continuaron sendo galego no nivel léxico e gramatical.Xabier Cordal Fustes A ideoloxía reintegracionista do que moi pouco antes fora clandestino levou a descoidar. as maiorías mostráronse reticentes a substituír sinais de identidade traídos desde o galego medieval (-çom fronte a -ção) ou a modificar. deixando no horizonte a converxencia co portugués.3 A discusión que levara á palestra Rodrigues Lapa culminou na emerxencia do reintegracionismo organizado. O máximo consenso social é unha das condicións das que non se pode prescindir e ese modelo existe. etc. o paradigma verbal do noso idioma. con el. Mentres. coa pax normativa asinada polo BNG. Nada disto implica que o galego se achegue ou se distancie da ortografía portuguesa. Unha parte dos chamados galeguistas históricos integraron. ían dando pasos aproximativos ao portugués en cada reedición. por exemplo. puido por pôde. o reintegracionismo ofrecía á mocidade os encantos dun relato contracultural. vinculada ao BNG. O nacionalismo dividiuse. a primeira AGAL. aínda que a súa participación no proxecto continuaba reproducindo o esquema tradicional ao utilizaren sempre ou case sempre modalidades ortográficas que se deron en chamar «mínimos reintegracionistas». entre outras cousas. Ocorreu o mesmo co léxico galego inexistente na lingua irmá. aboiaron novas siglas para as cales deixara de ser tabú o abandono dos trazos galegos. O novo século. Incorporáronse tamén homes e mulleres vinculadas ao nacionalismo hexemónico.). As forzas políticas e sindicais lexitimaron por fin a lingua culta unha vez deslindada a confrontación co réxime autonómico —ou a súa reforma— do imperativo de crear institucións nacionais que se apoien no máis amplo consenso. As sucesivas propostas gráficas da Asociación Sócio-Pedagóxica Galega. fijo por fez. semellaba elemental: se o galego e o portugués eran unha mesma lingua. con independencia da súa orientación ideolóxica. que eses grupos ao comezo minoritarios levaron ás últimas consecuencias. Incluso nos casos en que a cercanía ao portugués era graficamente obvia. véndose forzados a crear híbridos que quedaban fóra do patrón portugués (quijo por quis. 2. porque así o quere o que en termos porcentuais é unha moi cualificada maioría do pobo galego. A lóxica do lusismo. O malestar dos ideólogos reintegracionistas que propugnaban a «fusión total» co portugués foi crecendo e. xa fose activamente ou como membros de honra. algo que tamén ocorre á inversa e non unicamente polas filtracións do castelán como lingua-teito. O mecanismo retórico e social reintegracionista funcionaba xa a toda máquina. os ataques pasaban do persoal ao político e viceversa. Velaí está. foi afastando da matriz orixinal moitas e moitos reintegracionistas que seguían instalados no noso idioma como vehículo escrito de comunicación. polo outro. Se ficara xa claro que a adopción do portugués arreda o pobo galegofalante do rexistro culto do seu propio idioma. se a admitimos desprexuizadamente. cun coñecemento cada vez mellor das literaturas e dos textos xornalísticos e técnicos lusófonos. Ameceuse a iso outra comprobación que resultou pouco grata. Só así damos explicado que —como ocorrera no tempo das Irmandades e despois no Partido Galeguista— da ampla nómina de militantes e de simpatizantes reintegracionistas apenas un feixe puxese en práctica o seu discurso tendo. o da vida diaria. a limpa razón pola que algúns entusiastas do reintegracionismo recearon tanto á hora de efectuar un salto que se supoñía accesible para calquera persoa xa de seu ben formada en galego e con coñecemento medio de portugués. radicalizou as teses críticas do lusoreintegracionismo contra o nacionalismo galego. morfosintácticas e léxicas.Xabier Cordal Fustes A ideoloxía reintegracionista dante do patrón lusófono— produciu dous efectos: por un lado.4 Ao chegar o punto crítico de ruptura entre usar o galego ou adoptar o portugués. Cando falamos dun texto en portugués medio ou popular que describe calquera tarefa cotiá. teoricamente. pode diverxer severamente. disposición estrutural e paradigmas diferentes. 2. a proximidade obvia dos nosos idiomas fronte ao castelán ou as vantaxes de dominar unha lingua de máis de douscentos millóns de usuarios. a dialéctica español/portugués. Perante o feito indiscutible de que os materiais lingüísticos galego-portugueses coinciden nunha boa porcentaxe. O proceso require axuda de dicionarios ou longas visitas ao país irmán cando se intenta pasar do idiolecto humanístico ou informativo ao portugués natural. Abondaba aceptar algunha das ideas lexitimadoras expostas arriba para se ir achegando a el. pero cousa ben distinta de comprender portugués culto nun artigo de alta competencia humanística é re-producilo desde o galego (e á inversa). alén das discordancias fonéticas. Mais a realidade funcionaba doutra maneira. o sistema cultural luso ou brasileiro nunca admitiron esas normas paraporIII / 37 357 . Tales diverxencias son menos visibles nos niveis científicos e técnicos. os feitos resultaron máis teimudos aínda. A coherencia da lingua —modificada oralmente polo transcorrer dos séculos—e as intervencións desde o rexistro culto que se efectúan desde o XIX a través da literatura e do xornalismo desembocan no galego contemporáneo. case todo a favor coa progresiva permeabilización cultural que comezara nos anos setenta. a súa organización no discurso. Escribirmos portugués representa a aprendizaxe (para nós moito máis sinxela) dunha lingua cómplice coa que compartimos fondo léxico e Historia. especialmente en canto lingua dos sistemas escolar. administrativo e literario. mais con todo inzada de falsos amigos. fose a autoridade do galeguismo da primeira metade do XX. As acusacións de isolacionismo —de «traizón»— empezaban a dirixirse contra antigos compañeiros. Non digamos se o produtor do texto oral ou escrito pertence ao inmenso estrato social alleo ao estudo das linguas. a súa distancia coas falas galegas pode abeirarse á inintelixibilidade. no vosso meio. Com coragem. Mas isto é uma má notícia para os galegos convencidos de que.. «O galego pasteurizado». Podem abrir-se. com realismo. é limpo tudo quanto um português desconhece.. anda fazendo o integrismo lusista. Digamos tudo: foi reescrita. etc. Ed. Podíase tolerar que as disposicións normativas da AGAL causasen rechazo cara a dentro. é exactamente isso que. os demagogos. Quid Novi.). Algunhas publicacións emblemáticas na variante que fabricara a AGAL17 retraducíanse ao portugués estándar unha vez que traspasaban a fronteira. o português tornou-se a máquina mais eficaz de matar o galego. Uma primeira constatação: a revisora sabe galego. 25-9-2008. Já o cólofon decentemente nos informa: «Revisão linguística para o português: Maria do Rosário Pedreira». o autor de Mértola continúa con estas liñas que terían custado moitas dores de cabeza a calquera crítico nacional: Que ninguém grite ao escândalo. que sucederia com o léxico exclusivo galego e. com a sintaxe em que um galego se exprime? Teriam sido. 19 Inxalá. morfosintaxe. incluso a tradución de parágrafos enteiros. Nos seus textos. que respeitam peculiaridades brasileiras. pois. Nada impide. na edição em português de literatura galega (Ferrín. sobretudo. Com efeito. na própria Galiza. Queipo. Nas edições portuguesas. mas por este preço: a pura eliminação do galego. Laiovento. angolanas. vinte páginas. 2006) se facía estas preguntas ante a edición da mesma novela no mercado portugués:19 Confesso uma intensa curiosidade. sabe-se o que essa «revisão» implica. mesmo os destinados a galegos. Rivas. pois. Un caso moi significativo foi exposto á luz polo escritor Fernando Venâncio. hoje acoitado numa pomposa «Academia». vergando o galego ao português.18 quen tras saudar en termos eloxiosos a obra Inxalá (Carlos Quiroga. Recuncho? Como se dirá isso em português? Amigos: tudo isto tem de ser repensado. Espero por ti na Abissínia. de Portugal no quadro peninsular asinado por Ramom Lôpez-Suevos. timorenses. diverxentes. Compostela. Portal Galego da Língua. Mas. Pero o máis paradoxal é que tras o tratamento cirúrxico no celme de Carlos Quiroga —profesor univer17 18 Foi o caso. Mas começai por denunciar. A obra foi profundamente «revista». Que nela se mantivesse a Norma Agal parecia-me impensável. Lisboa. Borrazás. Segunda constatação: o livro de Quiroga adquire uma fluidez caracteristicamente lusa. se lhes abrem as portas do Mundo. ver. os bons conhecedores do idioma de Além-Minho. as galegas acabam implacavelmente trucidadas (. aportuguesar o galego ata o linde da súa natureza e encofralo nun código que responde a unha fonética. Ed. III / 38 358 .Xabier Cordal Fustes A ideoloxía reintegracionista tuguesas.. Ao fim de quinze. O reintegracionismo máis coherente acelerou o que consideraba urxencia histórica: eliminar todo rastro galego e incorporar o padrão metropolitano. 2008. entre outros. mais o rexeitamento exterior probaba a esterilidade das tácticas intermedias para ingresar na lusofonía. léxico. Nas mãos desses lusomaníacos. O que é reconfortante. Tudo bem. conservados? Fui. perguntava-me. «O galego na Lusofonia»? Oh almas simples! Os portugueses são pelo menos tão eficientes como os espanhóis em lembrar-vos o recuncho humilde. ao saber da existência dessa edição portuguesa. Julgará ainda alguém que basta aos galegos grafarem segundo o Acordo Ortográfico para terem o Mundo a seus pés? Não sejais inocentes. esses. Fernández Paz). Tras achegar varias mostras do que Venâncio denomina «substituição da morfologia galega» ou do léxico. conseguindo ler-se como um original. sabendo nós quanto são raros. Lopez Teijeiro. o galego oral e a ideoloxía lingüística. agás casos individuais. III / 39 359 . O certo é que. na administración ou nos medios implantando o modelo reintegracionista. ou como unha crítica de maior alcance. 3. o mercado. usa o galego. o anticapitalismo. A grosa nómina dos «traidores» á práctica lusista explícase con naturalidade. pasando por colectivos ou individuos con tendencia dispar. Caracterizar ideoloxicamente o reintegracionismo precisa entón partirmos da orixe e das consecuencias dunha práctica. A IDEOLOXÍA REINTEGRACIONISTA O reintegracionismo abala entre presentarse como proposta cultural neutra («científica»). a supremacía aria. fóra das minoritarias elites filolóxicas. que a personalidade da lingua galega se acaba impoñendo ao preconcepto da fusión. narradores recoñecidos mundialmente. ao sur a lusofonía prohibe case mecanicamente que pase a aduana un «galego» ao que ninguén podería reprochar estigmas castelanizadores. visto en positivo. igual ca o piñeirismo. O que quere dicir. o sistema literario e o público lector admiten con dificultade unha proposta inscrita noutro canon (de feito é a destrución do canon). insistimos. digámolo sen chovinismo.Xabier Cordal Fustes A ideoloxía reintegracionista sitario de portugués e escritor— a proposta reintegracionista de lingua queda isolada en dúas direccións: ao norte. Os partidos que defenden a independencia —dentro ou fóra da formación hexemónica do nacionalismo— diríxense á sociedade maioritariamente en galego e nos outros casos existen diverxencias entre partidarios da Norma AGAL e do portugués estándar. Pódense ler ao longo do noso país páxinas escritas nun portugués de textura cambiante defendendo o sionismo. A impronta filoloxista dos seus primeiros anos. Son posturas tan irredutibles ao factor común de contido coma as que se producen en galego. Unicamente a FPG pareceu incorporar conscientemente ao seu discurso a tarefa de readecuar a praxe escrita. para unha «reintegración» apenas posible como substitución lingüística tardaría pouco en manifestarse traumaticamente. a mellor poesía hispánica do noso tempo e unha literatura infantil e xuvenil de prestixio internacional. en tanto que o BNG continúa mantendo a retórica do galeguismo que se xeneralizara na anteguerra ao mesmo tempo que. escapa intencionalmente ao esquema partidario (non existe un Partido Reintegracionista20): utilizan dúas ou tres variantes de portugués desde grupúsculos da extrema dereita ata forzas que se proclaman de filiación marxista-leninista. Acusar de deserción os modernos artífices da lingua ou culpar a formalización do galego de colaboracionismo con España constitúen síntomas dunha ruptura ideolóxica. É doado antecipar o que ocorrería nas escolas. a causa palestina. os verdadeiros motivos polos que usuarios e usuarias do idioma que se adhiren á retórica lusista do nacionalismo galego continúan fieis ao seu rexistro culto. a pesar 20 A percepción de que o reintegracionismo vai unido ao independentismo responde a un coñecemento pobre da estrutura política nacional. por voluntariosa e ben intencionada que queira ser. O prezo que cumpriría pagar nas condicións actuais. non moi diferentes das que levan a oralidade reintegracionista a respectar o galego real evitando as marcas dun estrañamento que se percibe como escisión. que procura apenas a mudanza normativa para o galego. En calquera caso estes son. a naturalidade —aínda maltreita e asediada polo español— dun idioma vivo capaz de seguir acumulando millóns de horas de conversa canda. esta nota non exenta de retranca ante un texto que alguén publica no Internet acerca de Ramón Otero Pedrayo: «(. cit. Non faltan páxinas para ilustrar as dificultades de comprensión mutua ou o lugar que ocupa o idioma galego no imaxinario social e na realidade lingüística portuguesas. Vol. VII. III / 40 360 .. o partido decide adoptar o noso idioma como lingua de comunicación.Xabier Cordal Fustes A ideoloxía reintegracionista dalgún esforzo (Isidoro Padim. a única que o fai cara ao futuro alude ás vantaxes mercantís e/ou comunicativas dunha inserción na lusofonía á que o reintegracionismo atribúe. un construto político-cultural de carimbo e expectativas que só poden asimilar. Cáccamo) por sintetizala desde a esquerda. de xeito que calquera retroceso social tiña un correlato nacional e viceversa. «comunistas». predomina en tal medida que moitas veces os centros sociais que utilizan o portugués se autodefinen como «reintegracionistas» (antes ou no canto de «independentistas». sinal identitario («lingua proletaria do meu pobo». etc. Celso A. Foi em textos que observavam esta regra —sobretudo aqueles que a aplicavam de forma mais imaginosa. 2003) o antropólogo António de Medeiros expón a idealización á que someten a cultura portuguesa incluso aqueles lusistas mellor informados. suspendendo a percepción histórica de si. da cultura audiovisual. Sirva para ilustrar a estrañeza do profesor Medeiros. bo coñecedor da nosa cultura..) surge aqui um dos exemplos da aplicação da norma “reintegracionista de máximos”. O reintegracionismo desexa presentarse como ideoloxía transversal. ao xeito do ecoloxismo de mercado. persoas cunha boa formación literaria e certa proximidade á questão galega. Onde as siglas maioritarias da Associaçom Galega da Língua conviven nomes históricos da esquerda nacional con figuras do empresariado e —se cadra por iso— a AGAL nunca manifestou tendencia política expresa. efectos emancipadores. do feminismo burgués ou do galeguismo que se pretendía suprapartidario fronte ás «accidentais» formas de goberno (un espírito non estraño ás formulacións actuais do BNG). (Op. cantaba Celso Emilio Ferreiro) e ferramenta liberadora.) aínda que a súa actividade poida diversificarse no aspecto político. ignorando —nun contraste que non deixa de sorprender o autor do estudo— as máis tópicas referencias da vida diaria. Idea-forza 1: a Idade de Ouro lingua (galego?)portuguesa lingua galega pureza (reino medieval) impureza (presente) «independencia» «autonomía» 21 No ensaio Discurso nacionalista e imagens de Portugal na Galiza (in Etnográfica. O soño de calquera idealismo é desmaterializarse ata acadar a eternidade. Das tres ideas-forza que repite desde os anos setenta. o reintegracionismo transforma a adopción ora gradual. 330). esplendor medieval do idioma) e apuntan ao pasado. de seu. ora total do portugués (ou o que se interpreta de maneira moi libre como portugués21) como núcleo dunha rexeneración case platónica. Se o marxismo galego engadía a contradición Galicia/España ao arsenal das clases populares. dúas son de xinea esencialista (pureza do idioma.. A UPG xurdira dez anos antes nunhas coordenadas antagónicas ao filoloxismo: tras avaliar a posición de Galicia no contexto económico. etc. e non sen dificultade. O reintegracionismo comeza producindo discurso nun terreo moi afastado da refundación do movemento emancipatorio galego. p. Este e outros traballos do mesmo autor darían para unha reflexión delongada sobre o Portugal realmente existente versus a nación que o reintegracionismo tantos anos leva fabricando á súa medida. mimando tanto quanto possível a ortografia portuguesa— que encontrei algumas das dificuldades mais intrincadas de compreensão do galego». no protagonismo da transmisión. idiotismo. só aptos para un uso identitario ou próximo ao cadro de costumes. É innecesario detallar as consecuencias (na autoestima. O feito de que. Existe unha simbiose entre a elección do portugués socavando as falas galegas como modelo e as críticas reintegracionistas ao nacionalismo cando usa o idioma baixo os parámetros que asume a esmagadora maioría da sociedade. a carón dos cales a presenza galega é testemuñal e carece de potencial formalizador. incluída a que pensa Galicia como 22 É o modelo que goberna os dicionarios cultos de lingua no que se refire á incorporación do léxico patrimonial e así o explicaba Darío X. Cabana na XXIV Semana de Filosofía: as alternativas léxicas que ofrecen os manuais asumen a diversidade (como fixo o italiano) en detrimento da extrema canonización dunha soa área (ao xeito francés). A tópica «como se di onde ti vives?». do modelo léxico galego22 —por moito que poida incomodar o que se denomina. unha miga despectivamente. Trátase pois dunha desnacionalización que atinxe ás falas galegas e sacrifica a independencia tanto do texto culto resultante delas coma do proceso que lles conferiu e lles confire representatividade simbólica..) de tal desprazamento para os e as falantes. ese máximo referente estea xa configurado resta sentido á duplicación dos espazos académicos lusobrasileiros. III / 41 361 . solecismo. arcaísmo.Xabier Cordal Fustes A ideoloxía reintegracionista Idea-forza 2: a Pureza Pobo puro (galego non castelanizado ↔ portugués/Portugal) impureza (clases populares ↔ castrapo/galego/Galicia) Idea-forza 3: a Lingua/Norma Libertadora lingua portuguesa lingua galega internacional rexional normalización desaparición Estas tres metáforas falsean a realidade lingüística e interfiren constantemente no debate político. o papel do galego vivo reduciríase a un depósito de actos de fala cuxa función pasiva sería confirmar ou desmentir a elaboración lusobrasileira. Aínda que moi dubidosamente así fose. Se o modelo galego acaba carecendo de sentido no intre —esperamos que nunca se dea— de as masas galegofalantes desapareceren da Historia. etc. dialectalismo. na súa visión. o reintegracionismo acepta a tese desprazando o referente fóra das clases populares e da produción humanística galega desde o Rexurdimento ata hoxe. etc. Na escrita e na oralidade altamente formalizadas todo trazo diverxente co modelo descartaríase —así se procede de feito— baixo as categorías de vulgarismo. o modelo portuguesista repite a consigna de que o idioma galego non morrerá mentres se escoite portugués en Braga ou São Paulo. no valor dos actos de fala. Se o centro da nación —para o nacionalismo premarxista— se basea no binomio lingua-cultura. ruralismo lingüístico— é substituída polo reintegracionismo no «como é que se diz em português?». III / 42 362 . Un amplo abano desa batería crítica sería asinado gustosamente polo españolismo cultural cando relativiza a utilidade do galego acusándoo de idioma «rexional» e non internacional. jallejo. Unha estratexia asertiva do lusismo. sinteticamente: a) O Astérix xa está dispoñible en galego —referíanse á versión portuguesa—. a postura do reintegracionismo fronte á literatura galega aínda non se clarificou. resultaría incompatible coa consigna de atacar o inimigo biface encarnado nas linguas española e galega (alcumada esta de galego-RAG. cuestionando o seu futuro e sinalando o carácter subsidiario e subvencionado da literatura na nosa lingua. Nalgúns textos do movemento avógase por eliminar a diferenciación nacional —a literatura galega sería un macrotexto irredento da literatura portuguesa. A estratexia reintegracionista (desde logo podía ter sido outra) especialmente a partir de 1983. o mesmo proceso social. Por citar un caso. cando se adhire ás mobilizacións pola lingua. b) É. Por iso o reintegracionismo. disimula tacticamente a súa reivindicación fundacional: Na Galiza. senón dos progresos que o noso idioma vai acadando nun contexto cada día máis difícil. a deslexitimación ou a caricaturización non só de quen defende o galego moderno e se expresa nel.. Porque é no diagnóstico sobre a perda de falantes onde a herdanza filoloxista descobre o seu potencial máis reaccionario. «galego» —entre aspas—. castrapo. galenhol. galego-ILGa. contra as traducións dos clásicos internacionais ou dos best-sellers.. coma un fracaso do modelo de galego. É provisorio que as forzas hostís ao idioma galego non exploten esa contradición. unha perda de tempo e de diñeiro que se podían investir noutras necesidades. magnificando a impresión errónea —a quen non saiba da capacidade de traballo da súa militancia— de que canto máis radical é a postura soberanista. portunhol. contra os dicionarios de idiomas (galegos ou galego-estranxeiros) e ás veces contra o sistema literario24 no seu conxunto. gallego do pueblo. e polo tanto debe integrarse no seu canon—. daquela. A pesar das aludidas tentativas de describir o conflito lingüístico en termos de clase. sobre todo. mentres que outros manteñen a existencia de dous sistemas nacionais na mesma lingua. dado que normalización do galego e normalizaçom/-ção do (galego-)português non constitúen. 24 Como ocorre coa cuestión xeopolítica. sen desambiguar. c) O que chaman «Astérix en galego» na realidade trátase dunha deturpación. hoxe rara. Estes tres argumentos esgrímense contra os programas informáticos en lingua galega. e como vimos de comprobar no caso Inxalá) unicamente funciona a partir da eliminación dos trazos rexionais galegos. Que a coincidencia sexa involuntaria non evita os efectos políticos. As críticas mostran un ton que oscila entre o sarcasmo e a visceralidade e e acostuman a mesturar o tradicional repertorio reintegracionista con cuestións políticas do momento.0. O reintegracionismo que bate no nacionalismo e nos seus refererentes político-culturais (a obsesión contra Méndez Ferrín chega a ser cómica) ateiga a rede 2.Xabier Cordal Fustes A ideoloxía reintegracionista nación. data da publicación do Estudo Crítico da AGAL.23 Son xa parte do folclore dixital as diatribas que sementan o desprestixio. nin aos seus ollos nin aos nosos. dedica polo menos tantos esforzos a combater o galego que eles consideran dialectalizado coma a defender a normalización. á re-publicación galega do cómic Astérix seguiron intervencións nas que os argumentos reintegracionistas foron.). 23 Un concepto de normalización que se mantén no limbo. Non embargante a bidireccionalidade teórica (como ocorre con outras esixencias lusistas de intercambio cultural. maior será a empatía co portugués. a práctica do discurso reintegracionista explica o éxito da presión do español nos últimos anos. em português. incluso o nacionalismo que di asumir a loita de clases —faltou seguramente un gran volume teórico que unificase a ruptura coa estela de Nós no que respecta á visión da historia. traducidos en miles de postos de traballo25) e intanxibles (autoestima. e non digamos cara a dentro. o galego existe como lingua popular: 25 É urxente documentar a capacidade do idioma para producir riqueza. etc. O que se condena acomplexadamente por isolado ou regional non só serviu á empresa de telecomunicacións R como unha proxección de imaxe nacional que resultou exitosa. proximidade simbólica ou factor cohesivo). viraría as retóricas da lingua millonaria en subalternización. da lingua. debe estimularse a todos os niveis. relacións e literatura. Lémbranos Karl Marx no seu Primeiro Manuscrito que os obxectos producidos polo traballo humano rematan por serlle estraños ao se cousificaren coma unha forza independente. senón que asegurou a presenza de centos de postos de traballo. audiovisuais. Os plans da empresa para abaratar custos tiveron que pregarse á realidade lingüística mantendo moitos postos de traballo galegos. irá despois máis alá cando desvele a humanización do obxecto e a cousificación do produtor. cos poderes dun verbo sagrado. Resulta sorprendente a pasividade do nacionalismo político e cultural galego para denunciar o uso do portugués (unha mestura que desconcertaba os servizos de tradución) no Parlamento de Europa. e do mesmo xeito converte en chave mestra da superación do conflito lingüístico o uso do galego internacional (portugués). ademais de conceder vantaxe a quen habita o universo cultural lusófono. o prexuízo que asocia o castelán ao progreso socioeconómico. abonda o sentido común para decatarse de que un exame de capacitación con eses criterios lingüísticos no sector público ou no privado. Tanto ou máis importante que a presión política individual e social en prol do galego é a constatación.. etc.Xabier Cordal Fustes A ideoloxía reintegracionista Esta inversión traslada a un primeiro plano o que a ciencia sitúa entre as causas de tipo superestrutural. literarios. Reducila a obxecto identitario malogrou moitas outras perspectivas de rendemento social aínda que hoxe empece a valorarse a súa centralidade na industria de bens materiais (pedagóxicos. III / 43 363 . Vemos logo que o desprazamento dos referentes nacional e popular corre paralelo á subtracción do conflito de clase. e este mesmo esquema é válido para as publicacións e a Administración. O método científico da sociolingüística (tamén nos traballos desa disciplina que se espallaron polo país durante as últimas décadas) desce ao plano técnico ou desaparece sen máis non unicamente na tese fundacional reintegracionista. O galego produce algo máis ca identidade.— parece incapaz de superar a reificación (e a posterior humanización/sacralización) do idioma galego ao esquecer que se trata dun feito produtivo. Se cadra por iso tanto lle custou antecipar as consecuencias que o desmantelamento do noso sector primario e as agresións contra o industrial terían para a lingua. de que un bo rendemento vai parello á oferta de lingua. tomemos como exemplo as oficinas telefónicas das empresas que prestan servizos no noso país. en moitos casos incluso falando castelán —fortemente dialectalizado— o diálogo resultaba difícil. tamén do persoal administrativo. bastaríase para rachar ademais os vínculos da españolidade. A formalización do idioma deixaría de ser instrumento secundario e arrastraría. lingua «útil» e «universal». Pero a pesar das présas de certos sectores por liquidar un pasado e unha realidade da que se avergonzan —da que queren desclasarse—. Mais ninguén pareceu deterse a avaliar no que se refire á competencia laboral as consecuencias de instituír o portugués como lingua que nos representase no mundo. por parte de calquera consorcio que pretenda estenderse por Galicia toda. Telefónica de España viuse obrigada a incluír a opción galega ante as continuas protestas. Obviamente non se podían subcontratar traballadores e traballadoras que exercesen esa función desde Brasil da mesma maneira que as transnacionais anglosaxoas se valen de sucursais telefónicas na India. como veremos a seguir. instrumento de produción e produción en si mesma. ao se evidenciar que a pesar do bilingüismo teórico unha significatica parte da poboación daba por feito que sería atendida no seu idioma e se negaban a cambiar. O português da Galiza. As licenciadas en tradución e interpretación desde a lingua galega necesitan que continúe a loita polo noso recoñecemento lingüístico nas institucións de Bruxelas por motivos idénticos aos descritos no caso de Telefónica. A facilidade para accedermos ao portugués constitúe unha gran vantaxe que. mesmo léxico. morfoloxía. o desprezo da realidade lingüística que se ten por «rural» e da literatura galega contemporánea (aí onde o noso idioma dialoga á maior altura coa transmodernidade) espellan.Xabier Cordal Fustes A ideoloxía reintegracionista nela a estrutura morfosintáctica. mais non o galego vivo da inmensa maioría. sexan as forzas sindicais (tamén as soberanistas CIG e CUT) as menos permeables a que o portugués se sobrepoña ao galego. consoante nasal velar. III / 44 364 . cando a elite cultural dominante no nacionalismo comezou a relacionarse consigo mesma dando prioridade á conquista dos espazos de poder institucional ao tempo que os arrabaldes obreiros consumían cultura de masas en español ou en inglés. para o caso desesperación ante a imposibilidade de que a burguesía intermediaria e un segmento do proletariado urbano desanden o camiño da súa acomodación no esquema colonial. aténdomonos aos feitos expostos. sosegado— nas páxinas dalgún importante xornal galego e menta a adecuación prosódica e fonética. sumada ao desprezo polo mundo labrego e mariñeiro. A migración ás cidades. entoacións xenuínas. neste caso. 27 As accións armadas do EGPGC. remataron por confundir a urxencia dun rexistro culto co afastamento dos modelos vilegos ou rurais nos que segue estando a cerna do idioma. Se cadra a iso se refería Otero Pedrayo definindo o éxodo cara ao portugués como un recurso «de última desesperación». o desmantelamento da pesca e do agro e a tecnificación comprometeron. interpreto eu que se referirá á recuperación dun discurso oral segundo os modelos do galego vivo.. Sete vocais. prepalatal fricativa xorda. Así o fai notar a organización Espazo Irmandiño cando avoga por que o reintegracionismo debe adiarse e ««modularse en función do público ao que se dirixe». a vitalidade léxica da lingua galega en canto ferramenta de traballo e. resultaron decisivas para conferir aos grafemas portugueses unha presunción de radicalidade política. unha 26 X. consciente ou non. A gramaticalización pobre. Antón L. por outra. hibridado ademais pola castelanización. O erro repetiuse durante os anos de transición entre o franquismo e o réxime monárquico. O paupérrimo código. Desde a perspectiva de clase. agora os signos da escrita cumpren ese papel e asígnanlle un plus na aura de radicalidade27 que vai gañando atractivo como elemento de cohesión e de afirmación de grupo nun contexto tan adverso como pode resultar a urbe. Nos círculos nacionalistas primitivos o chamado diferencialismo léxico sinalaba na mesma dirección. Xa as Irmandades da Fala teimaran na quimérica burguesía de Galicia chamando arreo por ela nas páxinas d´A Nosa Terra. que redactaba os comunicados na Norma AGAL. As persoas que reciben en España a TVG vía satélite comprenden sen esforzo a locución castelanizada. fonética26 e fraseolóxica mantén o distanciamento co resto de idiomas romances. é que cómpre entender a fuxida das marcas populares e a inclinación por restituír as diferenzas —as que o propio neofalante previamente expulsara da súa idea de fidelidade ao idioma— mediante a escrita. fai emerxer a súa mala conciencia mediante un rexeneracionismo lingüístico que transformaría a —como veremos inmediatamente— inaprazable interlocución lusófona en fetiche. E aínda que existan os barrios: non é casualidade ningunha que. tanto a ausencia do galego do presente urbano coma a ideoloxía de exterminio que interiorizou a alta burguesía no século XIX. por unha banda. O prexuízo —ás veces subconsciente— de que aprender galego non esixe coñecer en profundidade a fala viva arruína a adquisición do idioma por parte do neofalantetipo. aínda que do centro de Ferrol ou da Coruña ao universo galegofalante haxa dez minutos en autobús.. recursos expresivos e sintaxe galegas». aínda que parte do reintegracionismo sentiu que tal asociación (cuxo afastamento simbólico foi carniza para a prensa do sistema) contribuía a confinalo socialmente. Dobao n´A Nosa Terra: «Cando alguén ardorosamente alenta o debate —iso si. por exemplo. cando periga a supervivencia do código enteiro. 4. O modelo de lingua non é inmutable. Tampouco os partidos da esquerda lusa. nin se inclúe nin se exclúe do debate formalmente político. dixese o que dixese a Constitución portuguesa. na relación con Galicia —for esta empresarial. unha circunstancia que reforza o aparente paradoxo. pero. non é nada lusista. que o mito fundador de Portugal colide co Reino de Galicia —a historiografía lusa fai xogos malabares para non mencionalo—. O galeguismo estudou tamén os dous motivos polos que o Estado contemporáneo portugués nunca se interesa na nosa supervivencia nacional: o primeiro. 29 28 III / 45 365 . o nacionalismo maioritario no intre de redactarmos estas liñas (BNG) mantén nos seus programas a tradición retórica lusista e durante o seu período de goberno na Xunta recoñeceu implicitamente a asociación Academia Galega da Língua Portuguesa enviando representantes aos actos da súa constitución.28 O movemento reintegracionista. máis baseadas no compromiso antifascista común ca nunha enunciación franca do conflito galego. RECUPERANDO O LUSISMO A pesar da apropiación ao que o someteu o reintegracionismo. no institucional e no económico. política ou cultural—. de que o reintegracionismo torpedee a principal reserva simbólica e humana da que se nutre. De pouco serve que o BNG puxese fin ás discordancias —estas si— normativas en 2004. Dentro do Imperio occidental. non está prevista a creación de novos Estados se non é para pulverizar restos de anticapitalismo. deron continuidade ás relacións co nacionalismo. Portugal. A oligarquía portuguesa mantense fiel á súa función: as relacións hispanas son mellores ca nunca e vétase calquera intromisión na estrutura do Reino. non foi casualidade que España e Portugal sufrisen dúas longas ditaduras nacionalcatólicas seguidas dunha integración nos mercados globais na que o xendarme norteamericano se coidou de erradicar toda posibilidade dunha transición ao socialismo. A segunda razón sinala cara á estratexia dun país que precisa fluidez co poderoso veciño ao leste. 15-06-2009. en canto tal. Así soubo velo hai máis de cen anos Curros Enríquez. Tendo por incompleto e dialectal o idioma deste país e idealizando a fusión co portugués nun contexto soberano. Máxime cando unha parte significativa da poboación portuguesa tería poucos inconvenientes en se integrar nun Estado con maior nivel económico. coa moi tímida excepción do Bloco de Esquerdas.Xabier Cordal Fustes A ideoloxía reintegracionista decisión á que se chega logo de comprobar como. cómpre asentar o discurso da súa validez como idioma universal. A xeopolítica da Guerra Fría concibiu a Península Ibérica coma un único territorio. os obreiros á saída de Citroën deitan no chan sen ler moita da documentación que se lles entrega. Publicado no dixital Vieiros. Con todo. A teoría dun galego interino beneficia pouco a imaxe social do estándar. xa exposto. quizais non foron alleas a ese xesto retesías políticas puntuais coa Academia (a da lingua galega). non estraña que a práctica lusógrafa se autoproclame materialización da independencia. De aí que cando os representantes de AGAL se presentaron ante as autoridades de Lisboa quedasen fóra do programa reinvidicacións nacionalistas29 ou independentistas. o termo lusismo designa unha corrente de simpatía cara a Portugal que funde as súas raíces na conciencia política e cultural deste país. A súa transversalidade posúe vocación totalizadora e —a pesar de que só as organizacións Nós-UP e AMI incorporasen o portugués— o desexo do lusismo organizado é dialogar en calidade de forza sociocultural con calquera institución. que controla ferreamente a creación e a destrución de fronteiras. valendo-se de artifícios pseudo-sociolingüísticos para isolar as várias faces do idioma». Para que calquera intercambio se edifique baixo o principio de reciprocidade —un diálogo no que só Galicia fose receptora supoñería reproducirmos o esquema colonial—. admitindo que o seu lusismo non é o único posible e establecendo territorios de lealdade sen descualificar a maioría do corpo social en loita permanente pola normalización. a literatura e a cultura que se expresan en lingua galega. ten dereito a 30 Escribía isto hai máis de dez anos o profesor Júlio Barreto Rocha na revista dixital Çopyright: «Não se pode dizer que traz muitas facilidades dizer que o Brasil fala a língua galega. tende cada vez máis pontes e a nosa lingua fai máis doado o acceso ao mundo lusófono. ademais de lingüístico-terminológica. o coñecemento da literatura. o resto da lusofonía debe renovar o interese pola Historia. de seu un patrimonio da humanidade que continuará a súa produción.) poden ficar obsoletas en pouco tempo coa facilidade con que a rede é capaz de unir palabras e imaxes. etc. III / 46 366 . Ao reintegracionismo corresponde definir quen son aliados e quen inimigos para o futuro. Que o portugués avance no ensino só pode resultar benéfico: a competencia rigorosa na lingua irmá. não põem em dúvida a existência de um idioma eminentemente “português”. adoita contemplar desprexuizadamente a situación sociolingüística galega e. aínda que ameazada. As relacións. diferenciado em sua essência de suas raízes primeiras. quando já pouco se discute que fale ‘português’. “sendo oriundo diretamente do latim”.30 potencia emerxente e verdadeira metrópole da lingua portuguesa. Tal comunidade.Xabier Cordal Fustes A ideoloxía reintegracionista No entanto. desgraciadamente interrumpidos coa derrota do bipartito nas eleccións autonómicas de 2009. Muitos por certo são contrários de antemão a nomear de “galego” à língua comum atual empregada por brasileiros. menos proclive ao xesto colonial en virtude da súa propia Historia. dentre os filólogos. São pelo menos setecentos anos desta injustiça histórica. Certas reivindicacións que se asumen alén do reintegracionismo (o asentamento do portugués como lingua opcional nas escolas. mas também sócio-política. muita vez por ignorância quanto à “questão da língua galega”. Também não se poderia afirmar que este é um tema novo. tanto nas relacións culturais a través da rede coma na circulación de man de obra. prometen moito no aspecto cuantitativo e achegan unha novidade cualitativa: o xigante sudamericano. a cultura do noso país está mellor dotada para a comprensión do feito poscolonial na América e na África lusófonas. puxéronse en marcha con maior pulo ca nunca durante as tres últimas décadas e atinxen xa outros aspectos que van máis alá do literario. se se der. O reintegracionismo sitúase aquí nunha encrucillada: pode continuar o seu labor de crítica sen cuartel cara ao interior. A permeabilidade do capitalismo serodio. Os aínda magros achegamentos entre a cultura galega e a brasileira. Novas conexións que seguen adoitando carecer de reciprocidade se establecen a ambos os lados da raia. mais sobre todo brindan unha oportunidade de diálogo que favorece as dúas partes. pedindo desculpas fóra pola incorrección desta Galicia que non cadra cos seus desexos. a recepción das canles portuguesas de televisión. durante o século XXI. ou resetear o discurso todo caendo na conta de que o seu avance. uma injustiça cultural com um povo. sendo insuficientes. perseveramos. á inversa. da música e da vida cotiá lusófonas axudan a comprender coa amplitude adecuada os puntos de conexión e as diverxencias evolutivas entre o galego e o portugués intercontinental. que se recoñece a si mesma en virtude de factores obxectivos. Unha comunidade nacional existe por decisión libre das persoas que a compoñen. portugueses e galegos. As olladas apuntan cada vez máis ao Brasil. non bebe precisamente da derrota de quen nos expresamos en galego. Ao contrário: são ao menos setecentos anos em que muitos estudiosos do Mundo. Unha decisión libre. Calquera ideoloxía que poña en dúbida este principio ou pretenda usurpalo traballa en contra da nosa soberanía política. que algúns queren utópico. desde a economía ao idioma. a confederación en pé de igualdade co Estado portugués —que neste intre só defende de maneira expresa a Frente Popular Galega— supoñería un síntoma de madureza da nosa realidade nacional.Xabier Cordal Fustes A ideoloxía reintegracionista regular todas as manifestacións da vida social. III / 47 367 . No horizonte da independencia.